Este 25 de Abri, ao mesmo tempo que o “Asedia o Congreso dos Deputados”l sairá dende a Alameda de Ourense ás 20 horas unha manisfestación que percorrerá as rúas de Ourense baixo o lema “O pobo é quen máis ordena”. Na mobilización agradecerías que as participantes da mesma acudisen con máscaras blancas, demostrando que todas somos unha, que somos o pobo.
Declaramos que acudimos á esta convocatoria por vontade, por que non queremos ficar pasivas ante ós continuos ataques e roubos que estamos a sufrir diariamente, por que temos a esperanza e a capacidade para romper as cadeas que nos impón este sistema e construír un mundo novo, un mundo xusto.
Máis tamén acudimos por necesidade, por que a man deste sistema vaise cerrando máis e máis ó redor das nosas vidas, afogándonos. E así é que ficamos condeadas á unha vida de miseria e explotación, a unha vida “invivible”.
Pero xa estamos fartas, chegou a hora de erguerse e loitar, chegou a hora de dicir basta xa, chegou a hora de non ceder un paso máis, de arriscarse, de suar e esforzarse unha e outra vez, batendo contra os muros que nos impoñen, ate derrubalos.
Vimos a esta convocatoria como dignas herdeiras de todas as persoas que denantes de nós loitaron contra a inxustiza ó longo da Historia, non imos ser nós ás que claudiquen, non imos ser nós ás que se retiren, non, pola contra imos por todas as nosas bazas na mesa para gañar esta partida, por que temos a vontade para facelo, por que o necesitamos.
Vimos a dicirlle non ó sistema capitalista e patriarcal que condea a millóns de pobos e persoas á fame e á miseria, que nos explota diariamente, que nos despexa dos nosos fogares, que nos rouba os nosos aforros, que nos nega un ensino e unha sanidade de calidade, que nos prohibe decidir sobre os nosos corpos, que, en definitiva nos nega a vida e o futuro.
É hora de loitar, de construír, é hora de erguerse e berrar: O pobo é que máis ordena!