Actas

marea

REUNIÓN MAREA CIDADÁ OURENSE 09-04-2013

COLECTIVOS PRESENTES: ADIANTE, ANOVA, LIGA ESTUDIANTIL GALEGA, XUVENTUDE COMUNISTA, STOP DESFIUZAMENTOS, AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DE NGB, PROSADI, ASEMBLEA ABERTA OURENSE 15M, EQUAL S.C., MOVEMENTO FUE OURENSE

Ás 18:00 horas no Campus de Ourense, pásase a desenvolver o seguinteorde do día:

1º- Lectura do acta anterior

2º Adherencia denovos colectivos

Tres novos colectivos participan na reunión de hoxe (Equal S.C., Adiante e Afectados polas preferentes e subordinadas de NGB), facendo cada unha delas unha breve exposición do que esperan desta unión de colectivos e amosando o seu interese en participar, dentro das súas capacidades e dispoñibilidades.

3º Redacción de documento base oumanifesto de Marea Cidadá Ourense

Tal como se falara en reunións anteriores é convinte elaborar un documento no que se recollan os obxectivos e os principios básicos de funcionamentoda Marea Cidadá Ourense tanto para uso interno (marcar unas liñas de actuación) como de cara ácidadanía para darnos a coñecer e que todos os colectivos demos as mesmasrespostasásmesmas preguntas.

Abrirase un piratepad e enviarase o enlace a tódolos colectivos para facerunha redacción conxunta e consensuada.

4º Creación da coordinadora

Para levar a cabo funcións de coordinación ós efectos de transmisión de información entre os distintos colectivos, convocatoria de reunións, elaboración de actas, ou similares, e tal como se acordara naprimeira reunión, confórmaseunha coordinadora formada por Diego Durán, Roberto Pereira, Miguel Lorenzo e Mavi Calviño. Todo istosenperxuizo de que en calquera momento, e por acordo de todos, sexan modificados os seus componentes.

5º Creación dunhapáxina web

Martiñocreouunhapero precisanse voluntarios para manteñela actualizada. Ofrécese Diego Durán co cal se acorda que tanto él como Martiño e Roberto se porándacordo para xestionala. O obxectivo e que serva tanto como vía de comunicación interna e externa, como de repositorio para manter toda a información importante (especialmente todo o relacionado con ingresos e gastos que se podan producir nas actividades da Marea). Haiunha plataforma en Vigo (Ecoar) que ten unhapáxina web moi interesante e da que se poden sacar ideas para a nosa. O enlace a páxina de Marea Cidadá Ourense é:

https://mareacidada.wordpress.com/

Acordousetamén crear un grupo en Facebook conome de Marea Cidadá Ourense para centralizar os actos e as novas de interese xeralxa que nestes momentos cada colectivo está utilizando o seu perfil e  faise un pouco mestura de temas xeraiscos particulares. Será un grupo pechado do que poderán formar parte todas aspersoas que pertenzan a calquera dos colectivos que conforman Marea Cidadá Ourense.

6º Propostas Grupo de Traballo Auditoría a Caixas de Aforro

Roberto (componente do grupo de traballo) fai un resumo do que levan feito ata o de agora:

Para axilizar o traballoaproveitouse a asociación ADUCAB (Asociación de Usuarios de Caixas e Bancos) que fora creada faiuns anos e xa dispón de CIF e estaba inactiva. Remitiranse os estatutos de dita asociación a tódolos colectivos para o seucoñecemento.

O xoves día 11, ás 20:00 horas, no Ateneo (Av. da Habana 25, baixo) farase o acto de presentación e unha mesa redonda para dala a coñecer.

Fixéronseunscartaces para publicitar o acto. Neste punto Roberto pide desculpas por non telo consultado antes de encargalos pero a premura de tempo non o permitía. A opinión de tódolos presentes é que ós grupos de traballohai que dotalosdunhacerta autonomía de traballo para que sexan operativos, sempre e cando non leven a cabo acción que vaian contra os acordosacadadosnasreunións.

7º Novas propostas de acción

7.1. Proposta de Adiante. Mañá día 10 no Campus de Ourense celebrarase a primeira asamblea dunnovo colectivo Ananos (para a defensa dos dereitos dos menores). É aberta a todos os que queran participar e plantexarase a posibilidade de que se integren na Marea Cidadá Ourense.

7.2. 25 Abril. Miguel xa está traballando no tema do posible traslado a Madrid do maior número posible de persoas. Ó ser un día laborable haimoitaxente que non terá a posibilidade de desplazarse polo que se considera que sería interesante facer algo en Ourense anquesexa de modo simbólico. Os compañeiros de Adiante e Miguel comprométense a manternos informados do que se acorde nunha reunión que ten lugar a continacióndesta no Ateneo para tratar o tema.

7.3.Marcha fúnebre. Dende o colectivo Adiante fan unhapropostadun acto reivindicativo inusual. A idea orixinal sería facerunha marcha fúnebre reivindicativa en contra de tódalasinxustizas que se están cometendo contra todos os sectores da sociedade. Ó final cada colectivo faría un pequeño alegato das súasqueixas. Rita opina que se lle debería dar un enfoque lúdico e positivista, dentro do reivindicativo, e que a mensaxe final fose algo referente a que coa unión se pode conseguir. ADIANTE encargarase de darlle forma á idea para transmitila o resto de colectivos e buscar a data idónea para levala a cabo. Martiñopropuxera a posibilidade de facer algún acto o día 12 de maio, pero ó non ter mais información ningún dos asistentes queda o tema pendente de maisaclaraciónsanque si se valorou a posibilidade de levar a cabo a marcha fúnebre ese día.

8º Plebiscito cidadán

Este tema queda pendente para a próxima reunión.

Fóra da Orde do día acordase que cada colectivo (agás os estudantes) aporte 5€ para disponer dun pequeño fondo de maniobra e que ninguén teña que adiantar do seu peto.

Remata a reunión cando son as 20:00 horas

 

RESUMO REUNIÓN MAREA CIDADÁ 13-03-2013

-1ºCONTACTOS CON OUTROS COLECTIVOS.

-2ºDINAMIZACIÓN DA ASEMBLEA(rotando)

-3ºACCIÓNS E PROXECTOS.

3º- ACCIÓNS E PROXECTOS

Por estar presentes os avogados Paula e Pablo pasase directamente ó punto 3 para que nos informen dos aspectos legais para poder persoarse como acusación particular no procedemento que xa está iniciado na Audiencia Nacional contra as cúpulas de Caixa Nova e Caixa Galicia. Os principais puntos son:

·         O primeiro paso é o de constituírse como ente xurídico e solicitar un NIF

·         Prever que haberá que constituír unha fianza (da que se descoñece cal sería o importe)

·         Ofertan ademais para os compoñentes da marea levar temas xurídicos sen cobrar a priori (agás as taxas correspondentes). Do que se conseguira (costas) percibirían unha parte e o resto quedaría nun fondo para facer fronte a futuros casos.

Tras un debate, acórdase crear un grupo de traballo específico para estudar o tema e programar accións complementarias (prensa, mobilizacións, financiamento, etc.). Este grupo de traballo reunirase o vindeiro xoves 21 de marzo ás 18 horas no edificio de ferro do campus.

ü  Coincidindo co Cumio  Europeo, o Nodo da Auditoría de Débeda constituído en Ourense representará mañá día 14, ás 19 horas na rúa do Paseo (diante de Nova Galicia Banco) o Sainete da Adoración da Débeda.

1º- CONTACTOS CON OUTRO COLECTIVOS

De momento amosaron interese en agregarse á marea cidadá Coop57, Peto e Fiare. Contactarase tamén con Solidariedade Internaciónal.

Debido o amplo do primeiro tema tratado, remátase a reunión, quedando pendentes o resto para a vindeira reunión que se propón se faga aproximadamente nun mes.

 

RESUMO REUNIÓN MAREA CIDADÁ OURENSE 28/02/2013

1.- FINANCIACIÓN 23F

David (AGE) fixo unha aportación/donación de 70€ (o agradecemento de todos por este xesto cara nós). Esta cantidade, xunto co recadado pola venda de chapas foi dabondo para cubrir gastos.

Acórdase empezar de cero a partir de agora. Se seguimos facendo movilizacións conxuntas, cada un dos colectivos aportará unha cantidade para levala a cabo. Acórdase por consenso que os colectivos de estudantes non deberán aportar nada (agás o seu traballo e entusiasmo) debido ós seus peculiares condicionantes.

2.- ORGANIZACIÓN DA MAREA CIDADÁ OURENSE. PERIODICIDADE DE REUNIÓNS. OBXECTIVOS.

En primeiro lugar acórdase manter o nome (Marea Cidadá Ourense) xa que é co que comezamos e nos aglutina a todos.

Utilizarase o correo mareacidadaourense@gmail.com para centralizar a información e difundila dende aí a tódolos colectivos.

Deberíase nomear unha coordinadora permanente que manteña a interlocución e comunicación entre tódolos colectivos.

Obxectivos:

Apoio         duns colectivos a outros nas accións que organicen cada un deles.         Publicidade, difusión, intentar non solapar os actos de uns cos dos         outros.

Facer         reivindicacións importantes conxuntas. Intentar facelas mais         espaciadas no tempo (para non saturar) pero que sexan mais         importantes (en afluencia de xente).

Facer         un seguemento das convocatorias de Marea Ciudadana a nivel estatal e         secundalas (se procede), independentemente das que se podan         organizar a nivel provincial.

Tentar         chegar mais e mellor á xente a nivel da rúa. Para iso deberíamos         sumar o maior número de colectivos posibles e organizar charlas ou         actos similares nos barrios, nas asociación, etc. para difundir os         nosos obxectivos.

3.- PROPOSTAS DE ACCION

– Crear un espazo para concienzación, divulgación, etc. para sumar efectivos. Porse en contacto con otros colectivos sociais para ofrecerlles que se unan a nós.

– Nos temas de interese xeral, ou que en algún modo nos podan afectar a toda a cidadanía, tentar facer grupos de traballo para organizar movilizacións. Algúns deles, que se plantexan nesta reunión, serían:

Compromiso         con STOP Desfiuzamentos para darlle mais forza.

Banca         Pública. Ver a posibilidade de facer unha denuncia para provocar         unha auditoria de débeda.

Nas vindeiras reunións iranse plantexando outras por parte dos diversos colectivos.

Acórdase celebrar a próxima reunión dentro de 15 días, no Centro Cívico Colón.

Esta acta foi recollida por Mavi..

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s