Tag Archives: finanzas

Presentación de ADUCAB

XOVES 11 ÁS 20:00 NO ATENEO: PRESENTACIÓN DE ADUCAB E MESA REDONDA. Imaxe

https://www.facebook.com/events/233411653465145/

Asociación na Defensa de Usuarios de Caixas e Bancos. Foi constituida en Vigo no ano 98 por Miguel Quinteiro e un grupo de persoas que xa eran coñecedoras do camiño que estaban a tomar as caixas de aforro.

AS CAIXAS DE AFORRO GALEGAS.

As centenarias Caixas de Aforro de Galicia con 7000 empregados e 1100 oficinas, hai 5anos tiñan 75000 millóns de euros en activo e hoxe só valen 181 millóns, e dicir o 0’25%. Que pasou con esa cantidade enorme de diñeiro que se esfumou? Quen é o responsable? Que está pasando? Nos últimos 20 anos unhas cúpulas directivas de directivos ladróns e os seus parentes e amigos, adicarónse a saquear e a especular con ese diñeiro e co enorme poder que iso lles daba.

Que fixeron?

1.- Saír da súa zona de traballo natural, Galicia, abrindo 300 sucursaís por o resto de España e 18 no extranxeiro!

2.- Meterse de cheo na especulación en bolsa, no ladrillo e o seu urbanismo depredador, en obras faraónicas e nos caprichos dos políticos.

3.- Abandoar a súa histórica dedicación á vivenda de Proteción Oficial e préstamo a particulares, familias e PYMES; os préstamos a empresas sempre estaban mediatizados polas súas corruptelas caciquís.

4.- Todo iso producíu enormes crecimentos nos seus balances, pero todo con pés de barro, que se afundiu coa crise.

5.- Os 200 directivos das Caixas esqueceron que eran empregados e administradores do diñeiro doutro, e se comportaron coma propietarios ricos e déspotas ( retribuccións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillorarias, etc…) concedendo préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos para gastos suntuarios, mansións, becas, etc. Actualmente a tan cacarexada fusión das Caixas Galegas convertiuse nun grande desastre para a xente de Galicia que lles confiaba os seus aforros. Convertíronse nun Banco intervido polo Estado (que ten o 93% do seu patrimonio) que aportou 8000 millóns euros de todxs os españxs para o seu saneamento, pero que pronto venderán ao mellor postor (seguramente os dous grandes bancos españois)

Unha panda de avariciosos e ladróns galegos, botaron a pique máis de 100 anos de esforzos e pequenos aforros. Eses directivos, administradores e conselleiros, deberán ser investigados, procesados e xulgados como responsables deste saqueo e desastre.Tamén como máximos responsables de ter ordeado a venta de preferentes e debeda subordinada a persoas que non eran inversores e non tiñan coñecemento para facelo,eran aforradores que se enganados para saenar a desfeita dos seus directivos. A Xunta de Galicia é responsable por ter deixado actuar impunemente, e enganándonos con que a fusión era unha gran solución.Ainda hoxe o Presidente da xunta,ise que tanto luce no iate do narvo traficante,Ainda non foi quen de crear unha comisión de investigación que de explicacións do sucedido a cidadanía galega. O Banco de España non supervisou, que era a súa obriga, para frenar a terrible especulación; en cambio adicouse a dar consellos, que ningúen lle pedía, abaratar o despido. Os partidos galegos e sindicatos non se atreveron a pedir contas nunca e calaron ante os poderosos directores e conselleiros, hoxe fuxidos con milmillonarias compesacións e xubilacións.

Porque esta loita? Unha sociedade que se prece debe demandar xustiza non só nas ruas;debese organizar e pedrir responsabilidades. O tempo corre na nosa contra, si non o conseguimos agora, niguen o vai a facer por nos, e deixaremos un mal exemplo para futuras xeracións. PARA CONSEGIR UNHA AUDITORÍA CIDADÁ DAS CAIXAS. PARA CONSEGUIR ENXUICIAR E RESPONSABILIZAR PLENAMENTE A ESAS CÚPULAS DIRECTIVAS.